sábado, 30 de enero de 2021

DÍA DA ILUSTRACIÓN


30 de xaneiro, día da ilustración

 Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Esta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. 

Unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é Lolita Díaz Baliño "... unha pioneira artista multidisciplinar que desafiou as convencións sociais da época."

viernes, 29 de enero de 2021

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

 


30 de xaneiro: Día Escolar da Non Violencia e da Paz
 

Esta xornada dá peche, no noso centro, a un mes dedicado a reflexionar e traballar  sobre a convivencia, o diálogo e o noso papel coma bos cidadáns na nosa casa común que comeza na  contorna máis próxima.

Debido ás circunstancias que estamos a vivir vémonos na obriga de adaptar as actividades e propostas. Clunyteka  súmase á celebración do Día da Paz presentando unha selección de libros para todas as idades que tratan sobre a paz. Na biblioteca podes atopar dende cancións ou contiños para os máis cativos ata lecturas que invitan á reflexión para os maiores.

Nunha das Clunytekas móbiles encontraredes os exemplares. Se tedes interese en lelos, non dubidedes en solicitalos a través do correo clunyteka@gmail.com ou do formulario de préstamo.

sábado, 16 de enero de 2021

SERVIZO DE PRÉSTAMO EN TEMPOS DO COVID

 

Clunyteka en tempos do COVID-19

Xa podes desfrutar da lectura dos libros da nosa biblioteca. O equipo da Clunyteka ten todo listo para poder ofrecer o servizo de préstamo a pesar do Covid-19.

Creamos as Clunytekas móbiles repartidas por diferentes puntos do centro. Estas sucursais da biblioteca estarán indicadas cun cartel explicando o sistema de préstamo  e contarán con unha caixa grande para as devolucións dos libros e dúas caixiñas pequenas para as fichas de préstamo (en branco e as que cubran coas solicitudes).

Podes elixir un libro dende a túa casa a través da biblioteca virtual http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CEH040 e solicitalo polo correo electrónico da biblioteca (clunyteka@gmail.com) ou cumprimentando o formulario nas Clunytekas móbiles. 

O equipo de biblioteca atenderá a solicitude coa maior brevidade e fará chegar os libros á túa clase.

As devolucións realizaranse nas caixas das Clunyetkas móbiles. O equipo de biblioteca fará a recollida periódica e corentena dos fondos.


No blog compartiremos recomendacións de lectura, comunicacións das novidades, presentación de actividades e terás a  posibilidade de comentar os teus libros favoritos.

 Non nos perdas de vista!

RETO LECTOR 2021

 

RETO LECTOR 2021

Presentamos o RETO LECTOR deste curso. O protocolo Covid obliga a adaptar a actividade. Ao inicio de cada mes atoparedes propostas de lectura de cada tema. Despois de ler un libro poderedes valoralo no blog. Agardamos os vosos comentarios.

Aceptas o reto?