lunes, 29 de octubre de 2018

SEGUIMOS A VOLTAS COS XORNAIS


Continuando co labor iniciado o curso pasado,  voltamos de novo a traballar cos xornais  na biblioteca e a mergullarnos no mar de  noticias, artigos de opinión, reportaxes , publicidade…  Aproveitando que participamos no proxecto Prensa-Escuela de “La Voz de Galicia”  estivemos analizando diferentes artigos  xornalisticos, diferenciando “información” de “opinión” e achegándonos á linguaxe publicitaria. Tamén nos convertimos  en xornalistas redactando os nosos propios artigos. 



jueves, 25 de octubre de 2018

24 DE OUTUBRO “DÍA DA BIBLIOTECA”



O día 24 de outubro  celebrouse o “Día da Biblioteca” e este ano o lema escollido foi “Poéticas diversas na biblioteca escolar”. No colexio para celebrar esta data sinalada fixemos unha mostra  dos libros de poesía que hai na nosa biblioteca de diferentes autores e idades e realizamos un recitado de poemas. Tamén animamos aos alumnos a que levasen para a súas casas en préstamos libros de poemas para ler coas súas familias.

domingo, 21 de octubre de 2018

AS MOCHILAS VIAXEIRAS DE EI COMEZAN A SÚA ANDAINA



A primeira semana de outubro os nenos e nenas de Educación Infantil comezaron a levar durante a fin de semana  contos para ler na casa coas súas familias. Os libros,  en galego e en castelán, van acompañados das mascotas da aula para fomentar e motivar o gusto pola lectura desde cativos.
Os luns regresan de novo á escola acompañados de debuxos, fotos ou manualidades relativas ao conto e á mascota,  e os nenos comparten as súas experiencias  cos demais compañeiros da clase.