Se aventuras queres vivir,
un libro tes que abrir!
Este mes de novembro, o noso reto lector está dedicado aos libros de aventuras. Historias cheas de emoción, viaxes sorprendentes, misterios e personaxes que nos farán vivir mil experiencias sen saír das páxinas dun libro.
Achégate á biblioteca do centro durante a hora do recreo, escolle a túa próxima aventura ou pide unha recomendación se non sabes por onde comezar. E, coma sempre, cando remates a lectura, non esquezas deixar o teu comentario para compartir con todos a túa experiencia lectora.
Novembro aventureiro: cada libro, un mundo enteiro!

No hay comentarios:
Publicar un comentario