lunes, 19 de febrero de 2024

CLUB LECTURA

 
A SAGA DAS CURANDEIRAS


É a novela ópera prima da recoñecida bióloga galega. Nela presenta á curandeira  Rosalía Carcedo. A través da súa biografía facemos unha viaxe pola primeira metade do s. XX, desde a súa Galicia natal, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea á que volveu durante a ditadura. Alí, Rosalía, personaxe ficticio baseado na sabedoría dos antepasados da autora e dalgunhas curandeiras ás que visitou, continúa aplicando o seu coñecemento dos remedios naturais, pese a incomprensión dos que a rodeaban.


Despois da lectura do libro os participantes do club tiveron ocasión de conversar coa autora, Marisa Castro, de visita polo noso centro para ofrecer ao alumnado de 5º e 6º de primaria unha interesante charla sobre as mulleres na ciencia.

                                    

Foi un coloquio moi interesante e participativo, pasou o tempo voando! Un verdadeiro pracer escoitar a Marisa,  intercambiar experiencias e aprender da man dunha gran divulgadora.


martes, 13 de febrero de 2024

FELIZ DÍA DE LA RADIO

 CELEBRAMOS EL DÍA DE LA RADIO CON LOS ABUELOS DE CLUNY EN ONDA CERO

La radio es comunicación, información, arte y compañía, también es estar juntos en y por nuestra localidad...Para algunos es Nostalgia...para otros Actualidad....Onda Cero Santiago en la voz cálida y experta de Ramón Castro y la técnica de Carlos Otero, recibió a nuestros alumnos de Cluny para celebrar el Día y la Semana de la Radio. Mil gracias por acercarnos a la magia de entrevistar a nuestros abuelos del proyecto Quedamos nun banco, Isidro y Marité, así como conectar con Nona, en Perú, santiaguesa de San Clemente afincada en Chiclayo!!

Puedes escuchar el programa en este enlace:

o en este:

CORTES:
1.- ENTREVISTA A ABUELOS (Ramón Castro, Marité, Nona desde Perú, Isidro, Carlos, Fran, Guillermo Uxía y Annaí (1º ESO)
2.- ENTREVISTA A RAMÓN CASTRO (Ramón Castro, Lola Calvo y Julia Juárez.- 6º EP)
3.- DEBATE (Ramón Castro, Marité, Isidro, Mencía Vielba y Lúa Otero.- 2º ESO)
4.- ANUNCIO CARNAVALES Y DIGOCHO EU ENTROIDO OU ANTROIDO (Daniel Martinón y Luis Vázquez)











jueves, 8 de febrero de 2024

ACTIVIDADE DO MES DE XANEIRO

 APADRIÑAMENTOS LECTORES

                        

Ao longo do mes de xaneiro a biblioteca acolleu unha das actividades máis agarimosas  protagonizadas polo noso alumnado, os apadriñamentos lectores.

Os pequenos de infantil e 1º ciclo son apadriñados polos seus compañeiros de primaria. Tras un encontro de presentación, os padriños elixiron entre os fondos da biblioteca o conto máis apropiado para os seus afillados e prepararon con moita ilusión a sesión de contacontos personalizada.

Deixamos unha selección de fotos cos momentos máis entrañables.


Afillados/as de Infantil cos seus padriños de 4º de primaria

        

                               

    

       

   





Padriños de 3º primaria con afillados en  Infantil















          
5º primaria  apadriñou a 1º  de primaria


  
















2º de primaria foi apadriñado por 6º de primaria