lunes, 27 de marzo de 2023

PROXECTO POESÍA

 

PEQUENOS GRANDES POETAS




Os alumnos de 3º de Educación Primaria levaron a cabo un proxecto sobre a poesía aproveitando dous factores comúns: o día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro) e a plataforma Tatum coa lectura do poemario “Era unha vez na Quimbamba” de Alfonso Cortizas e Manuel Ordóñez. A temporalización do proxecto foi de 7 días lectivos: do 23 de febreiro ao 3 de marzo.




Nun primeiro momento tiveron que investigar e descubrir que era a poesía e que eran os poemas. Aprenderon conceptos como: rima, verso, estrofa, ritmo, entoación…



Pouco a pouco foron madurando todas estas ideas. Comezaron a facer pequenos poemas de 4 estrofas ate converterse en auténticos poetas. Foi de moita axuda a figura de Rosalía de Castro. Aproveitando unha actividade de ciclo na que se coñecía a vida da gran Rosalía, os alumnos coñeceron libros tan importantes como: Follas Novas, Cantares Galegos, La Flor, En las orillas del Sar… entre outros moitos, así como poemas tan destacados como “Adeus ríos, a deus fontes…” A súa vez, tamén se decataron da temática tan marcada de Rosalía en canto a morriña que sentía cara a súa terra galega.




           



                         


Todo isto foi posible grazas ao traballo en cooperativo levado a cabo polos alumnos que lle permitiu crear poemas moi ben elaborados e con diferentes temáticas onde cada un puido expresar a súa propia poesía e poemas de forma escrita ou recitada.

        

viernes, 24 de marzo de 2023

Semana da prensa


INFANTIL CELEBRA A SEMANA DA PRENSA


O alumnado de 3 anos, seleccionou noticias dos xornais que manipularon e  pegáronos nunha cartolina, simulando unha propia noticia. 



O alumnado de 5º de Infantil, despois de charlar e observar sobre diferentes noticias, realizou un debuxo representando a noticia, fixollle  un marco áo redor con papeis de xornais e o converteu  nun mural final para colocar no seu corredor. 





Os nenos e nenas de 6° de infantil confeccionaron un xornal coas noticias máis relevantes destes días. Foi unha actividade tan interesante que ademais de consensuar entre todos os titulares das noticias, contén diferentes aromas nas súas páxinas.



              

                 



    

                                       


         


       



viernes, 3 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA

 CLUNY celebra o día de ROSALIA


Tras o descubrimento o ano pasado de nova documentación que situaba o nacemento da poetisa o 23 de febreiro de 1837, e non no 24 de febreiro, o pasado venres conmemoramos o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, e alá fomos as Escolas Católicas de Santiago (Cía. de María, La Salle, Casa do neno, San Jorge, Inmaculada, Juventud, Divino Maestro, Remedios e San José de Cluny) ao monumento adicado á santiaguesa universal sito na Alameda.


E que mellor maneira de celebralo que lendo algúns dos seus poemas máis sobranceiros?
Nós seleccionamos neste caso "Eu cantar, cantei" e "Como chove miudiño" e os alumnos escollidos de xeito unánime polos seus propios compañeiros foron Isabella en 5ºB e Olalla da clase de 5º A. 

Non contabamos cos contratempos atmosféricos que nos obrigaron a volver antes de
tempo, e que suspenderon outros actos nos que tamén ían tomar parte os alumnos de 6º de EP, de maneira que tocou adaptarse ás circunstancias e facer a lectura definitiva no cole, gozando do traballo preparativo que levaran a cabo ambas alumnas.

 O caso foi lembrar a súa figura, e para iso... calquera lugar é axeitado!!!

O alumnado de Educación Infantil tamén homenaxeou a Rosalía de Castro.  Coñeceron a súa vida, leron poesías e descubriron cancións coa letra dos seus poemas. Despois  déronlle cor a súa faciana para decorar o corredor.






O alumnado de 4º EP realizou a súa homenaxe a Rosalía de Castro na praza de VIgo. Un ano máis a  asociación de veciños do Ensanche invitou aos centros escolares da zona para conmemorar a data de nacemento da veciña máis ilustre no lugar do seu nacemento. Despois da intervención dos alumnos de 5ºEP do colexio Quiroga Palacios foi a quenda de Cluny que recitou varias estrofas do poema como chove miudiño e cantou o estribillo.