domingo, 26 de febrero de 2023

ENTROIDO 2023

 HERDEIROS DAS NOSAS TRADICIÓNS 


 De entre todas as festas que gozamos ao longo do ano, o Entroido é sen dúbida unha das que máis ilusión espera entre os nenos e... os que xa non o somos tanto. 

Trátase dunha celebración cun arraigo moi importante na nosa Comunidade, que se vive dun xeito moi particular na contorna de Santiago de Compostela e da que forman parte activa algúns dos nosos alumnos. Estamos a falar, como non, dos Xenerais da Ulla, que están declarados como Festa de Interese Turístico de Galicia.



En Cluny, comezamos o luns levando anteollos ou algún tipo de anteface, continuando o martes con colar, o mércores foi o día dos chapeus, calcetíns desparellos o xoves... ata chegar a formar auténticos choqueiros para a festa organizada pola ANPA do colexio o venres pola tarde e nos que puidemos dar conta da merenda e na que non faltou a música.







E como non todo vai ser troula, paralelamente, non podemos esquecer o traballo de investigación que levaron a cabo no  2º ciclo de EP sobre a orixe do Entroido Galego e os seus persoaxes principais, no 3º ciclo de EP, sobre os Xenerais da Ulla,  o audiovisual sobre as receitas tradicionais, ou tamén o traballo sobre o Meco dos nenos de 1º e 2º de Primaria.














VISITA DE ANDREA MACEIRAS

 OS CLUBS DE LECTURA MERENDAN CON ANDREA MACEIRAS


Os tres grupos de Club de Lectura xuntámonos o pasado mércores 15 de febreiro nunha  sesión extraordinaria para compartir a tarde con Andrea Maceiras. 

Os alumnos da ESO escoitaron unha preciosa historia da ninfa NADA e mantiveron coa escritora unha interesante charla sobre o libro O que sei do silencio



O club de lectura de Educación Primaria realizou unha viaxe virtual a Amazonía e compartiu merenda e coloquio sobre o libro A folla azul.




Moitas grazas Andrea pola túa entrañable visita!