martes, 30 de abril de 2019

GREGUERÍAS DE 5º EP!! VISITA LA BIBLIOTECA Y LAS VERÁS!!


Los alumnos de 5º EP hemos mezclado,a partes iguales, una metáfora y un poco de humor. Les hemos añadido una pizca de imaginación y otra de creatividad.
¿El resultado? UNA GREGUERÍA!!!!!!

Pásate por la Biblioteca a verlas y anímate a crear la tuya!!!

lunes, 29 de abril de 2019

Entrevista a Juanjo Nieto Semana Cultural Cluny 2019



Na Semana da lectura que celebramos ó redor do Día do Libro, levamos a cabo diferentes actividades, dende  animadas sesións de contacontos cos avós dos alumnos de infantil, saídas ás librarías como Cronopios, bibliotecas e sesións de animación do concello, tardes de contos cos pais e nais en 1º y 2º de primaria, á celebración do festival da lectura e da danza no Centro de Atención ás persoas maiores Volta do Castro, no que alumnos de 6º , 1º,2º e 3º ESO recitaron poesías e fixeron un espectáculo  de danza baseado no traballo do grupo de baile de Cluny. ¡Como nos gusta esta semana!!

jueves, 4 de abril de 2019

PREGUNTA DO DÍA CLUNY SANTIAGO


¡¡POR FIN TEMOS GAÑADORES DA PREGUNTA DO DÍA!!

Durante os primeiros días do pasado mes de abril a nosa biblioteca foi protagonista  e testemuña da II edición da PREGUNTA DO DÍA. Un concurso que ten como obxectivo fomentar a cultura entre o noso alumnado.
 Os equipos participantes acudían á biblioteca en busca da  pregunta proposta para cada xornada e, ben nos libros ou nos ordenadores, tiñan que averiguar a resposta. Tamén podían seguir os resultados obtidos  no taboleiro de clasificación.
Música, arte, deporte, literatura, cada día  sorprendíanos unha  temática diferente.
Tras a paréntese da Semana Santa, o pasado martes 30 de abril os gañadores de cada categoría recibían o seu merecido premio: un vale para compra de libros nunha librería da nosa cidade que lles permitirá seguir adquirindo cultura.
Non podemos rematar sen dedicar unas palabras de agradecemento aos voluntarios de 2º ESO que participaron activamente no desenvolvemento da actividade. Esperamos que fora unha grata experiencia e que na próxima edición volvan coa mesma ilusión para poder implicarse en máis aspectos organizativos.


Vémonos nunha nova edición!


ÚLTIMA "PREGUNTA DO DÍA" (8)

“El pez en el agua” é o título da autobiografía de un dos premios Nobel da literatura sudaméricana.


Cal é o seu nome completo e a súa nacionalidade?


A PREGUNTA DO DÍA 7
 Este año un anuncio publicitario, de una marca conocida, recuperó la memoria de una deportista que triunfó en varios deportes. Una mujer todoterreno y polifacética que no quería que la etiquetasen.

Increíble fue su hazaña en la época que le tocó vivir!!

        1. Necesitamos saber cuál es su nombre de pila (un nombre abreviado)

2.     Cuántas medallas olímpicas ganó y en qué deporte?
   


A PREGUNTA DO DÍA 6


No año 2008 un cantante branco de rap escribiu a súa autobiografía.
Como se titula o libro en inglés e en español?







A PREGUNTA DO DÍA 5      

              
 Cal é o título desta obra de arte?
Cal é o nome completo do seu autor/a?



               
A PREGUNTA DO DÍA 4      
                              

Cal foi o verdadeiro nome do escritor destas palabras?
Cantos heterónimos tiña?

Si después de morirme quisieran escribir mi biografía
no hay nada más sencillo.
Tiene sólo dos fechas
la de mi nacimiento y la de mi muerte.
Entre una y otra todos los días son míos.






A PREGUNTA DO DÍA 3      
                              

Cal é o nome completo e do arquitecto francés deseñador desta cadeira?
E o nome da cadeira?


A PREGUNTA DO DÍA 2

No Pórtico da Gloria todas as personaxes están serias menos unha.

Quen é esa personaxe e a quen mira?

  • A PREGUNTA DO DÍA 1

Nomea a primeira muller en obter o premio Nobel de matemáticas e a súa nacionalidade


A PREGUNTA DO DÍA
                                 

A nosa biblioteca lanza a segunda edición do concurso PREGUNTA DO DÍA.
 A semana pasada foi presentado para que os alumnos interesados en participar formaran os equipos e se inscribiran.  Hoxe, primeiro día de competición,   atoparán a pregunta na porta da biblioteca ou en CLUNYTEKA, o blog da biblioteca. Durante 8 xornadas lectivas poderán realizar as pescudas necesarias para atopar as respostas e alzarse co premio. Os participantes disporán de 24 horas para coñecer a pregunta, descubrir a resposta e entregala na Caixa que hai na porta da biblioteca. Os equipos poderán ir comprobando a súa clasificación na propia biblioteca.