lunes, 5 de mayo de 2025

RETO LECTOR


 Dedicamos o mes de maio á lectura do cómic. Un xénero que cada día suma máis siareiros. Achégate á biblioteca e todas as personaxes que se agochan nesa sección.







Esperamos a túa aportación nos comentarios.

lunes, 28 de abril de 2025

SEMANA DA LECTURA

 


Coincidindo co Día do Libro, dende o 22 ao 25 de abril celebramosa nosa SEMANA DA LECTURA. Foron moitas as actividades que se levaron a cabo. Recollemos unha mostra das máis significativas:

SESIÓNS DE CONTACONTOS EN EDUCACIÓN INFANTIL











VISITA Á LIBRERÍA COUCEIRO E BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL







KAMISHIBAI DE PRIMER CICLO

 



SESIÓNS DE CONTACONTOS DAS FAMILIAS DE PRIMEIRO CICLO





OS PROFES RECIBEN UN LIBRO DO SEU AMIGO INVISIBLE


miércoles, 9 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 

RASTRILLO SOLIDARIO DO LIBRO USADO

“UN LIBRO VELLO É NOVO PARA QUEN O COMEZA A LER”

 


Con motivo do Día do Libro no colexio celebramos a Semana da Lectura con diferentes actividades. Unha delas é a organización dun mercadiño solidario de libros usados. Cada libro terá o prezo simbólico de 0.50 €.

O rastrillo terá lugar dende o día 22 ao 25 de abril e estará situado no patio do colexio. As familias  poderán acceder ao mesmo polo portalón de EP, rúa San Pedro de Mezonzo,  á hora da saída da tarde; os alumnos tamén poderán adquirir os libros durante o momento do recreo.

Animámosvos a participar nesta actividade solidaria de animación á lectura.



viernes, 4 de abril de 2025

DÍA DA LITERATURA INFANTIL


O noso alumnado de Primeiro Ciclo celebrou o Día da Literatura Infantil cunha actividade moi especial: un contacontos organizado por
@elcorteinglescultura e realizado pola Ánxela Gracián, autora do conto .
A través da historia de Brunildo e Brunilda, mergullámonos nun relato cheo de valores sobre a amizade e a viaxe de quen deixa atrás a súa cultura en busca dunha vida mellor.
Grazas a @elcorteinglescultura por achegarnos o poder dos contos e agasallarnos cunha mañá chea de maxia, imaxinación e aprendizaxe.