Mostrando entradas con la etiqueta 1º ciclo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1º ciclo. Mostrar todas las entradas

jueves, 4 de junio de 2026

ADIVIÑA DO DÍA 2025.26

 Unha aventura de enxeño e traballo en equipo

                                  

Ao longo deste curso escolar, dende a biblioteca do centro organizouse a actividade “Adiviña do Día”, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria.

Os nenos e nenas que quixeron participar apuntáronse ao concurso e organizáronse en equipos de tres integrantes. Durante unha semana de cada trimestre, os equipos atopaban cada día no seu corredor unha adiviña que debían resolver. As respostas anotábanse nunha ficha de participación e, segundo os acertos conseguidos, íanse sumando puntos para cada equipo.

Esta actividade permitiu que o alumnado puxese a proba o seu enxeño, a súa capacidade de observación e o traballo cooperativo, ademais de compartir momentos de diversión cos seus compañeiros e compañeiras.

Unha vez rematadas as tres fases do concurso, realizouse o reconto final das puntuacións. O equipo que acadou a maior puntuación ao longo de todo o curso foi o gañador desta edición de “Adiviña do Día”.

Para coñecer o resultado, todo o alumnado participante reuniuse na biblioteca, onde se anunciou o nome do equipo vencedor e se realizou a entrega do premio. Foi un momento moi especial no que se recoñeceu o esforzo, a constancia e a ilusión de todos os participantes. 

Desde a biblioteca queremos felicitar a todos os nenos e nenas que formaron parte desta iniciativa e agradecer a súa implicación. Agardamos repetir esta experiencia o vindeiro curso e seguir gozando xuntos dos retos e aprendizaxes que nos ofrecen as adiviñas.

martes, 3 de junio de 2025

CONCURSO 1º CICLO

 ADIVIÑA DO DÍA

              O alumnado de 1º ciclo participou no concurso organizado pola biblioteca.

Durante unha semana en cada trimestre, os alumnos/as  repartidos en grupos de 3 participantes, atopaban unha adiviña no taboleiro do seu corredor e dispuñan de toda a mañá para descifrala e ir acumulando puntos con cada acerto. Os gañadores de cada fase enfrontáronse en busca dun equipo campión. 

                                            

Parabéns a Uxía Casares, Valeria Formoso e Carla Otero que responderon correctamente ao maior número de adiviñas e conseguiron o premio desta edición. 


viernes, 4 de abril de 2025

DÍA DA LITERATURA INFANTIL


O noso alumnado de Primeiro Ciclo celebrou o Día da Literatura Infantil cunha actividade moi especial: un contacontos organizado por
@elcorteinglescultura e realizado pola Ánxela Gracián, autora do conto .
A través da historia de Brunildo e Brunilda, mergullámonos nun relato cheo de valores sobre a amizade e a viaxe de quen deixa atrás a súa cultura en busca dunha vida mellor.
Grazas a @elcorteinglescultura por achegarnos o poder dos contos e agasallarnos cunha mañá chea de maxia, imaxinación e aprendizaxe.



lunes, 15 de abril de 2024

Actividade do mes de abril. 1º ciclo

                                                        

Dende o 8 ao 12 de abril o alumnado de 1º e 2º de primaria  participou nunha nova edición do concurso "A adiviña do día" que organiza a Biblioteca.



Os  equipos formados por 3 alumnos consultaban cada día a primeira hora a adiviña proposta e dispuñan de toda a mañá para resolver a adiviñanza e entregar a resposta na caixa destianada a tal fin.

 
Tras catro días de consurso, foron 4 os equipos que obtiveron a puntuación máis alta e resolveron na biblioteca o desempate que levou a  Tiago, Paco e Martín a alzarse cun merecidísimo 1º premio.


En hora boa, campións!!

viernes, 1 de diciembre de 2023

Homenaxe

 

CLUNYTEKA HOMENAXEA A EL HEMATOCRÍTICO


O alumnado de 1º ciclo, na súa cita semanal na biblioteca, recordou ao recentemente falecido Miguel López “EL HEMATOCRÍTICO”. Descubriron os seus libros na biblioteca e coñeceron algún dos seus personaxes nunha sesión de contacontos dirixida por tres compañeiros da ESO, membros do equipo de voluntarios da biblioteca.

Quédanos a pena da súa marcha e a ledicia de contar con todos os seus personaxes na nosa biblioteca.




miércoles, 26 de abril de 2023

SEMANA DA LECTURA 2023. 1º ciclo

 

UNHA SEMANA DE CONTO


Esta semana, en  1°ciclo, celebramos a Semana da lectura. 

Fixemos varias actividades:

 fumos entretener aos compañeiros de infantil, elaboramos os nosos propios contos... 

 aproveitamos os momentos de ocio para ler, 




as familias viñeron contarnos contos,



















Grazas a todos os que axudastes para que esta semana fora tan especial!