Preme no enlace de cada grupo para escoitar o programa completo.
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Preme no enlace de cada grupo para escoitar o programa completo.
ABRIL, MES DEL CÓMIC

EN MARZO .... LECTURA E CINE
A actividade da sesión de marzo consistiu no visionado da película "22 ángeles" centrada na viaxe da expedición que dirixiu o doutor Francisco Javier Balmis e que levou a vacina da varíola ás Americas nos corpos dos 22 pequenos heroes.
Tarde de emoción, lectura e cine.
Na Semana da Prensa, o alumnado e profesorado de Infantil, en colaboración coas familias, realizaron “ O noso propio NOTICIARIO“ con artigos moi interesantes.
Tamén realizaron actividades plásticas, nas que os xornais foron unha parte fundamental nas súas creacións.
Foi unha semana moi creativa e divertida!
MARZO, MES DA POESÍA
Dende o poema de Gilgamesh, primeiro poema da historia atopado sobre unha táboa de arxila na antiga Sumeria entre os anos 2500-2000 a. C. ata a actualidade foron moitas as voces poéticas que chegaron a nós.