Mostrando entradas con la etiqueta proxectos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxectos. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de junio de 2025

Proxecto solidario 1º ESO: TELART 2025

                                

O proxecto traballa os contidos curriculares de matemáticas como xeometría, a arte e a tecnoloxía dentro do marco de desenvolvemento dun produto téxtil. Pon en valor o respecto e a importancia do noso patrimonio cultural vencellado á tradición do mundo da costura a través da lingua galega. Para finalizar o alumnado traballa a organización dun evento e a oratoria na subasta benéfica que ten como objectivo a axuda a unha escola de Paraguay.


                                               


Durante o proceso potenciouse a resolución de diferentes dificultades e o traballo en equipo. 
A actividade consiste na elaboración dunha bolsa por equipo cooperativo,coas dúas aulas de 1ºESO (27+27 alumnos/as), vencellando varias disciplinas:
  •  Arte: visita a museos virtuais,recoñecemento de diferentes autores e obras de arte ,coa finalidade  de seleccionar una obra e interpretala con figuras xeométricas.
  • Matemáticas :elaboración dos patróns de figuras xeométricas,traballando a proporcionalidade, cálculo de áreas e perímetros de tea utilizados de cada cor ,así coma os cambios de unidades.
  • Tecnoloxía: elaboración dun código QR coa información do proceso de deseño, cálculo, mostra de teas e desenvolvemento da elaboración da bolsa así coma o  deseño dun logo para a marca, con IA.
  • Lingua galega:Traballar as expresións vinculadas entre a literatura galega e o mundo da costura para incluír na introdución da gala-subasta benéfica.

É un proxecto sostible porque se reutilizan prendas de roupa usada e involucra á  familias, alumnado e profesorado xa que contamos coa colaboración de familiares con coñecementos de costura no proceso de ensamblaxe das pezas cortadas.

                    




martes, 25 de junio de 2024

Proxecto solidario

TelArt: Arte sostible en tea


 A II subasta solidaria TelArt  realizouse o día 21 de xuño ás 19:00 no salón de actos e foi o colofón ao proxecto que fusionou matemáticas, tecnoloxía, arte e deseño combinadas coas técnicas de desenvolvemento do produto por una causa solidaria: as misións que Cluny tén en Paraguay.





O noso agradecemento aos familiares que  compartiron con nós o seu tempo e coñecemento.  Grazas Rosa, Alcira, Alberto, Mariam, Natalia  pola vosa e colaboración. 




Estas son unha mostra das 12 pezas realizadas: obras de arte únicas e exclusivas.

                                    

E chegou o momento da subasta, moitas grazas a todos pola vosa participación e solidariedade.


jueves, 4 de abril de 2024

PROXECTO RADIO 3ºEP



Emitindo dende RadioCluny


O alumnado de 3º de primaria realizou ao final do 2º trimestre un proxecto interdisciplinar dende as materias de lingua castelá e lingua galega que lles serviu para traballar  diferentes contidos relacionados coa comunicación como noticia, entrevista, anuncio ... e que plasmaron nun programa de radio. Cada grupo realizou o seu programa que compartimos a continuación.

Preme no enlace de cada grupo para escoitar o programa completo.

                                                                                                                  

                        Programa 3ºA                                              Programa 3º B