Semana de Rosalía.
O 24 de febreiro de 1837 nace en Santiago de Compostela Rosalía de Castro, figura fundacional na nosa literatura e unha das voces literarias máis relevante nas letras europeas do século XIX.
Durante toda a semana os nosos
alumnos e alumnas traballaron sobre a figura de Rosalía de Castro quen dun
xeito simbólico achegouse á nosa biblioteca para recrearse cunha mostra do
traballo realizado.
1º e 2º de primaria descubriu a Rosalía e o seu poema Adiós ríos, adiós fontes, 3º e 4º de primaria realizou unha
inmersión na súa vida que plasmou nunha liña do tempo e 5º e 6º traballou a
métrica e rima dalgúns dos seus máis coñecidos poemas.
A mañá do venres 22 de
febreiro unha representación do noso
centro xunto a outros alumnos e alumnas do Colexio Quiroga Palacios e usuarios
do Servizo Terapéutico Agadea homenaxearon a autora cunha lectura aberta de
poemas na praza de Vigo, xusto no lugar onde se ubicaba a súa casa natal. A
asociación veciñal Raigame organiza deste xeito a celebración polo 182
aniversario do nacemento da nosa máis ilustre veciña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario