Sesión CINE : La ladrona de libros.
Os participantes do club de lectura LENDEIROS leron La ladrona de libros durante este mes de febreiro e hoxe pasaron dúas horas de emoción coa versión cinematográfica do libro.
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Sesión CINE : La ladrona de libros.
Os participantes do club de lectura LENDEIROS leron La ladrona de libros durante este mes de febreiro e hoxe pasaron dúas horas de emoción coa versión cinematográfica do libro.
FEBREIRO, MES DA LINGUA GALEGA
ENCONTRO CON ROSA ANEIROS
A sesión deste mes converteuse nunha entrañable conversa en torno a "A noite das cebolas", última obra publicada de Rosa Aneiros para adultos e proposta de lectura do club para este Nadal.
Unha vez máis Rosa conseguiu que o tempo voase e capa a capa foi descubrindo as curiosidades do seu bo facer literario.
Moitas grazas Rosa pola túa visita.
Xaneiro, mes da poesía
No mes de xaneiro pon os pés no braseiro....e un libro de poemas na man
....
Incluido en el Tablero: El Faro de la isla de Jeju
Chega o Nadal,
chega o tempo de descansar,
pasar o tempo en familia,
ler e conversar.
Nas datas máis entrañables do ano para compartir e pedir os mellores desexos para todos, o equipo de biblioteca escribe a súa carta aos Reis Magos, esperamos que vos axude a redactar a vosa.
O pasado 27 de novembro, coincidindo coa semana do aniversario de Eugenio Granell (28 novembro) e Amparo Segarra (9 decembro), tivo lugar no Pazo de Bendaña, o tradicional Maratón de Lectura, que forma parte das actividades de promoción e apoio á literatura da Fundación.
Nesta ocasión a Fundación Eugenio Granell dedica o Maratón de Lectura ao libro de contos de Eugenio Granell “Federica no era tonta y otros cuentos”. Publicado en México, 1970 e reeditado en Madrid, 1993, tralo retorno de Granell a España. O libro contén dez pezas narrativas que Eugenio Granell creou ao longo dos seus anos de exilio en América.
Este ano o noso centro estivo representado por algúns participantes do Club de Lectura LENDEIROS, composto por nais e pais do alumnado do centro.