viernes, 27 de febrero de 2026

DÍA DE ROSALÍA

 O día 23 de febreiro, no aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, o alumnado de 4º e 5º de EP participou en distintos actos de homenaxe en Santiago. Recitaron poemas como “Como chove miudiño” e compartiron este momento con outros centros, lembrando e celebrando a figura dunha das grandes referentes da nosa literatura.



lunes, 2 de febrero de 2026

RETO LECTOR

 FEBREIRO, MES DA POESÍA.



Este ano queremos facer unha homenaxe á nosa veciña máis ilustre: Rosalía de Castro. No mes do seu nacemento dedicamos o noso reto á poesía.


Pero hai moitas voces fermosas ao longo da historia das nosas letras galegas e castelás. Descobre as súas obras e deixa a túa opiniónnos comentarios para superar o reto de febreiro.