martes, 8 de octubre de 2024

RETO LECTOR

A nosa árbore da lectura foi testemuña da entrega de premios aos alumnos/as que superaron o reto lector do curso pasado. Este acto marca o punto de partida do curso 2024-25.

                                                       

O alumnado de 5º e 6º enfróntase ao reto de ler, como mínimo, un libro cada mes durante este curso. A árbore da lectura que preside o seu corredor actuará de medidor das lecturas e de indicador da temática de lectura seleccionada para cada mes. Despois de ler, os lectores/as realizarán a recomendación do seu libro no blog, sellarán o seu carné lector e decorarán unha flor que medirá o seu ritmo de lectura. 

                                                       

Esperamos que na primavera do 2025 a nosa árbore estea ben florida. 

Moito ánimo a todos!!

viernes, 4 de octubre de 2024

PRESENTACIÓN DO CURSO 2024-25

 Comeza un novo curso e volvemos con moita ilusión.

Durante o mes de setembro o equipo de biblioteca traballou arreo para deixala ben bonita e deseñar unha morea de actividades. Esperamos que sexan do voso agrado. 

Preme no enlace e descobre toda a programación da biblioteca. 

                                            PROGRAMACIÓN DO CURSO 2024-25