martes, 24 de octubre de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS



 O lema deste ano, “Tecendo comunidades”, pretende destacar o papel fundamental que desempeñan as bibliotecas na construción de lazos fortes dentro das nosas comunidades.

A nosa biblioteca vai tecendo, cal arañeira, as súas actividades implicando a toda a comunidade educativa. Os equipos de voluntarios están preparando a ludoteca, os máis pequenos van descubrindo as mochilas viaxeiras e unha morea de contos para o seu proxecto,  as bibliotecas de aula xa están operativas para todo o alumnado de primaria e inauguramos os clubs de lectura coa visita da escritora Ledicia  Costas.

Clunyteka celebra o día das bibliotecas escoitando co corazón para poder ofrecer o mellor servizo a toda nosa comunidade educativa.

 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!





1 comentario:

  1. Unha estrea ao grande! Isto é realmente un Clunytekeo de luxo! Inmensa expectación ante a xornada de mañá e as propostas de lectura futuras. Desexando arrancar! Clunytekeádevos: paga a pena!

    ResponderEliminar