lunes, 23 de abril de 2018

SEMANA DA LECTURA



Hoxe, luns día 23 de abril, celebramos o Día do Libro e no noso centro iniciamos a Semana da Lectura.
Coincidindo coa data de pasamento de tres grandes da literatura universal: Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, a UNESCO proclama en 1995 este día como o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor.
No 2001 xunto á Unión Internacional de Editores, Federación Internacional de LIbreiros e a Federación Internacional de Asociacións e Institucións Bibliotecarias deciden elixir anualmente unha cidade como Capital Mundial do libro atendendo aos méritos desenvolvidos nese ámbito. Comeza Madrid. Dende aquela, cada ano é elixida unha diferente. Este ano, pola súa calidade nas actividades destinadas á accesibilidade da lectura a toda a poboación, incluídos migrantes e refuxiados, é Atenas quen hoxe comeza o seu ano.
Cluny Santiago súmase á conmemoración e baixo o lema En abril, libros mil realizará durante toda a semana diversas actividades que terán como foco de atención os libros e a súa biblioteca. Unha lembranza ao Quixote, contacontos de excepción e obradoiros de lectura entre outras actividades animarán estes días o noso centro escolar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario