Os alumnos de 1º de ESO están participando durante este curso 2017-2018 no
Programa Prensa-Escuela que organiza La Voz de Galicia.
Mediante a lectura e
a análise das noticias que aparecen nos xornais que nos envían ao centro todos
os mércores, procuramos que os alumnos acaden os seguintes obxectivos:
·
Aprender a ler a
prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver
o seu sentido crítico.
·
Identificar os
distintos tipos de artigos que aparecen no xornal, diferenciando información de
opinión.
·
Usar a prensa como un
recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas
persoais, como a creatividade, a educación para o lecer e o estudo do medio.
·
Facilitar o acceso ao
mundo dos medios de comunicación, coñecer a súa organización e desenvolvemento
así como a súa influenza na sociedade.
·
Tomar conciencia da
importancia da información para formarse como cidadáns dunha sociedade plural e
democrática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario