miércoles, 26 de abril de 2023

SEMANA DA LECTURA 2023. Ed. Infantil

 

SEMANA DE CONTACONTOS



Os máis pequenos recibiron uns contacontos moi especiais, algúns avós,  avoas e familiares animáronse  a contar contos e historias, sendo escoitados,  moi atentos por todos os nenos e nenas, que gozaron moito de ter aos seus familiares como protagonistas da actividade.












Tamén o alumnado de todo o ciclo fixo un marcapáxinas,  ben nas aulas ou ben no patio do colexio, aproveitando o bo tempo.




     













As clases de 4º de infantil recibiron a visita dos seus compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria, que foron  lerlles contos, que ben o pasaron todos!!.

                                   
                                        

lunes, 27 de marzo de 2023

PROXECTO POESÍA

 

PEQUENOS GRANDES POETAS




Os alumnos de 3º de Educación Primaria levaron a cabo un proxecto sobre a poesía aproveitando dous factores comúns: o día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro) e a plataforma Tatum coa lectura do poemario “Era unha vez na Quimbamba” de Alfonso Cortizas e Manuel Ordóñez. A temporalización do proxecto foi de 7 días lectivos: do 23 de febreiro ao 3 de marzo.




Nun primeiro momento tiveron que investigar e descubrir que era a poesía e que eran os poemas. Aprenderon conceptos como: rima, verso, estrofa, ritmo, entoación…



Pouco a pouco foron madurando todas estas ideas. Comezaron a facer pequenos poemas de 4 estrofas ate converterse en auténticos poetas. Foi de moita axuda a figura de Rosalía de Castro. Aproveitando unha actividade de ciclo na que se coñecía a vida da gran Rosalía, os alumnos coñeceron libros tan importantes como: Follas Novas, Cantares Galegos, La Flor, En las orillas del Sar… entre outros moitos, así como poemas tan destacados como “Adeus ríos, a deus fontes…” A súa vez, tamén se decataron da temática tan marcada de Rosalía en canto a morriña que sentía cara a súa terra galega.




           



                         


Todo isto foi posible grazas ao traballo en cooperativo levado a cabo polos alumnos que lle permitiu crear poemas moi ben elaborados e con diferentes temáticas onde cada un puido expresar a súa propia poesía e poemas de forma escrita ou recitada.

        

viernes, 24 de marzo de 2023

Semana da prensa


INFANTIL CELEBRA A SEMANA DA PRENSA


O alumnado de 3 anos, seleccionou noticias dos xornais que manipularon e  pegáronos nunha cartolina, simulando unha propia noticia. 



O alumnado de 5º de Infantil, despois de charlar e observar sobre diferentes noticias, realizou un debuxo representando a noticia, fixollle  un marco áo redor con papeis de xornais e o converteu  nun mural final para colocar no seu corredor. 





Os nenos e nenas de 6° de infantil confeccionaron un xornal coas noticias máis relevantes destes días. Foi unha actividade tan interesante que ademais de consensuar entre todos os titulares das noticias, contén diferentes aromas nas súas páxinas.