sábado, 17 de junio de 2023

CLUB LECTURA ADULTOS


                                 

A biblioteca tamén abriu as súas portas ás nais e pais do noso alumnado que aceptaron a invitación para participar no club de lectura.

Despois da boa experiencia compartida seguro que repetimos. 

1 comentario:

  1. Un érguese un bo día e mestura nun bote baleiro de iogur un pouco de area, unha culler de cal, auga, e folla de col. Pono ao sol e agarda…
    Facer experimentos con gasosa pode ser arriscado…, pero din que quen non arrisca non gaña e vai ser verdade porque o vaso de iogur saíu disparado ante a mirada asombrada dos alquimistas.
    Quen ía pensar que tanto elemento diverso faría despegar un foguete!
    E voaron libros; palabras fermosas; coloquios que fixeron parar a roda de hámster do cotián; xurdiron ideas que converteron o confort nun deporte de risco e nun “por que non?”; os “pensei que...” nun “vaite sorpresa!”; as conversas de café en verdadeiros faladoiros, pero sobre todo nun...”e para cando máis?”
    Abofé que non hai como aproveitar a oportunidade, vencer a vergoña e probar... para ver como o “non teño tempo” devora páxinas completas de libros prestados con agarimo abrindo un micro-espazo persoal que mitiga o renxer da roda cotiá a fin de lembrarnos que os pais e nais, ás veces, tamén temos dereito a ser...
    Cando foi a última vez que fuches? ...Clunytekeate!!!

    ResponderEliminar