jueves, 1 de febrero de 2024

RETO LECTOR

 FEBREIRO -  MES DA NATUREZA


Para o mes de febreiro propoñemos lectura relacionada coa natureza, o respecto polo medioambiente  ou o coidado da casa común. Podedes elixir unha obra narrativa que trate algún deses temas ou un libro da sección 5: ciencias naturais.

Deixamos a continuación algunha suxestión que podedes atopar na biblioteca do centro.


         

Xa sabedes, despois da lectura, deixade a vosa recensión nos comentarios desta entrada e solicitade ao voso profesor/a de lingua galega o selo para o voso carné e a folla para  que a nosa árbore siga medrando. 

ANIMACIÓN LECTORA E. INFANTIL


AS VISITAS DOS MÁIS PEQUES Á BIBLIOTECA

                                        

O alumnado máis cativo do centro comezou neste mes de xaneiro as súas as sesións de animación lectora que lle ofrece a biblioteca do centro.

Durante o segundo e terceiro trimestre, en sesións quincenais, os máis pequenos do cole poderán descubrir todos os tesouros que agocha o recuncho infantil da biblioteca. 

Unha chea de personaxes agardan por eles escondidos polos andeis da librería. Poderán escoitar as súas historias ou atopalos abrindo as páxinas dos contos.

Unha magnífica oportunidade para mergullarse no marabilloso mundo da lectura e convertirse en grandes lectores.

martes, 30 de enero de 2024

CLUB LECTURA PRIMARIA

Empezamos o ano coa visita de Rosa Aneiros



Despois de viaxar ao Cretáceo durante as vacacións de Nadal e vivir moitas aventuras cos dinosaurios, o alumnado do club de lectura Lectores S.A. recibiu a visita de Rosa Aneiros,  autora do libro Catro plumas de dinosauro. Foi unha tarde moi divertida e interesante. Da man de Rosa descubriron como foi a elaboración do libro e aprenderon estratexias de escritura.

Moitas grazas pola túa visita, Rosa!

lunes, 22 de enero de 2024

RETO LECTOR

O alumnado de 5º e 6º acepta o reto. 

                                Cada mes recibirán unha proposta de lectura. 

              Conseguirán que a árbore literaria luza frondosa esta primavera? 

                                                            

 Neste mes de xaneiro a proposta é elixir un libro, pode ser o agasallo dos Reis Magos, un libro que haxa na casa ou pódese pedir na biblioteca do colexio.
Despois de facer a lectura, realizaremos a nosa recensión no blog, nos comentarios desta entrada e pediremos a folla verde que agrome na póla e o selo para o noso carné.
 Xa podes comezar!

domingo, 14 de enero de 2024

ESCAPEROOM CIRCO VINTAGE CLUNY 2º ESO

         ESCAPEROOM CIRCO CLUNY


No tengas miedo. Si has estado atento en clase (2º ESO) y tu equipo se organiza bien, podrás resolver las cuatro misiones sobre alguna sencilla cuestión aprendida en clase de Lengua. Suerte!

INTRODUCCIÓN ESCAPEROOM CIRCO








jueves, 21 de diciembre de 2023

CLUB DE LECTURA FAMILIAS

VISITA DE ROSA ANEIROS

                                        
Para a  última sesión do club neste 2023 recibimos a visita de Rosa Aneiros. Con ela conversamos sobre o seu libro Resistencia e contounos moitas curiosidades sobre o seu proceso creativo. Como quedamos con ganas de máis, será a nosa convidada na primeira sesión do 2024 no club de lectura do alumnado de primaria.

miércoles, 20 de diciembre de 2023

IDEAS PARA REGALAR

CLUNYTEKA RECOMENDA ...



Chega o Nadal, tempo de celebración pero tamén oportunidade de descansar, compartir e dispoñer de momentos de tranquilidade. Para todas esas situacións, seguro que un libro é un excelente compañeiro.

Se necesitas ideas para un agasallo ou queres coñecer as novidades literarias preme no enlace e descubre as nosas  recomendacións.


BO NADAL !!. Vémonos en xaneiro.
Equipo de biblioteca