Vémonos en setembro
Benvidos ao blog da biblioteca do colexio San José de Cluny de Santiago de Compostela.
Vémonos en setembro
Os alumnos e alumnas de 3º a 6º de primaria organizados en grupos traballaron o teatro lido: seleccionaron a obra, practicaron a lectura e gravaron na radio a súa intervención. Foron os profesores de lingua castelá de primaria os encargados de elixir as mellores interpretaciós. Os galardoados/as realizaron unha lectura en vivo para todos os presentes antes de recoller o seu premio.
MAIO, MES DOS CLÁSICOS LITERARIOS XUVENÍS
Dentro da Literatura Xuvenil poderiamos falar da existencia dunha serie de clásicos, obras que, pola súa importancia literaria e notable cualidade ao longo das décadas, móstranse como pezas fundamentais non só para o entretenimento senón como transmisores de gran parte da nosa cultura.
As obras de autores como Enid Blyton, Xulio Verne, Agatha Christie ... entre outros foron e continúan sendo referentes das primeiras lecturas de moitas xeracións de nenos e mozos.
Cal é o teu título? O que te permitiu entrar no marabilloso mundo da lectura?
Como aperitivo a un verán lector convidámoste a descubrir e ler novas propostas....atréveste?
ENTREGA DE PREMIOS
O pasado xoves 23 de maio tivo lugar no salón de actos do colexio a entrega de premios dos concursos organizados polo Seminario de lengua.
A proposta de lectura elixida foi a POESÍA, adaptándose ao lema deste curso "Escoitar co corazón" e todo o alumnado de 3º a 6º de primaria participou enviando lecturas de poemas tanto en galego coma en castelán.
Despois dunha complexa selección polo alto nivel dos audios e vídeos recibidos cada profesor presentou dous finalistas por clase dos que saiu un vencedor elixido por todos os profesores de lingua castelá de primaria.
Compartimos as imaxes da sesión de entrega de premios e as voces dos galardoados nesta II edición do Concurso de Lectura.
Preme no enlace para escoitar
3ºA: Ixel Cerdeira e Emma Martínez
1º premio: Ixel Cerdeira RETRATO de Antonio Machado
3º B: Mª José Torres e Adrián Velasco
1º premio: Mª José Torres EL LAGARTO ESTÁ LLORANDO de Federico García Lorca
MARZO, MES DA POESÍA
Dende o poema de Gilgamesh, primeiro poema da historia atopado sobre unha táboa de arxila na antiga Sumeria entre os anos 2500-2000 a. C. ata a actualidade foron moitas as voces poéticas que chegaron a nós.