Mostrando entradas con la etiqueta entrevista. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta entrevista. Mostrar todas las entradas

martes, 22 de junio de 2021

ENTREVISTA

 

O defecto do libro electrónico é non ser tan fermoso como o de papel.

Unha entrevista ao director de Editorial Galaxia, Francisco Castro.



Por Carolina Nieto e Marta Rico.

O venres 28 de maio de tivemos o inmenso pracer de recibir mediante unha vídeo conferencia ao escritor e editor Francisco Castro, que en decembro de 2016 sucedeu como director da Editorial Galaxia a Víctor Freixanes. Nado en Vigo, leva moitos anos traballando e colaborando activamente con medios de comunicación, tanto de comentarista en xornais como na radio e televisión pública de Galicia. Entre as obras máis laureadas de Francisco Castro encóntranse Play-Back (Premio Lueiro Rey de Novela Corta, 1997), Xeografías (finalista del Premio de Narrativa Erótica Positivas, 2001), Xeración perdida (Premio Cartafol de Vieiros ao mellor libro do ano, 2004) e Spam (Premio Blanco Amor de Novela, 2005).

O motivo da visita virtual do afamado escritor foi a propia Editorial Galaxia, e todas as preguntas que tiñamos ao respecto. Para Francisco Castro, a Editorial Galaxia ten papel fundamental, xa que nace nun contexto difícil: o franquismo. Tras a guerra civil española e debido a ditadura de Franco, o galego sufriu una época de retroceso, e a organización creouse coa principal finalidade de ser unha canle de expresión para a lingua galega. O autor vigués resaltou algunhas das etapas ou puntos álxidos da Editorial Galaxia, tales como o día da propia fundación (o 25 de xullo de 1950), o día da publicación do seu primeiro libro A antífona da cantiaga de  Ramón Cabanillas;  o nacemento da revista Grial, en 1963 e a incrible labor de Víctor Freixanes como anterior director, principalmente pola modernización que levou a cabo.

Respecto á súa propia labor, Francisco Castro é bastante humilde. O que as súas verbas nos deixaron entrever foi un gran empeño por que máis mulleres fagan da literatura a súa profesión, que os nenos e os adolescentes que fan uso de libros infantís e xuvenís medren e a implantación dun novo xénero na Editorial: o teatro. O director fala da Editorial como moito agarimo, e defínea como un evidente punto de conversión entre os clásicos e as novidades, e a búsqueda da calidade co servizo e a contribución a Galicia e ao noso país, xa que nunca ─e ao dicir nunca é nunca─, ningún dos accionistas recibiu un céntimo.

Ademais tamén falamos da revista Grial, unha revista culta cuxa creación era totalmente necesaria para poder permitirse competir con outras linguas. Sen embargo, a Editorial e a revista poderían ter existido se a outra non, porque aínda que pode parecer que unha surxiu da outra, en realidade ambas creáronse paralelamente, e a unión entre elas só se debe a unha sa retroalimentación ideolóxica. Pódese dicir case que a Editorial e a revista Grial medraron xuntas.

E correndo os tempos que corren non puidemos evitar preguntar polo coronavirus que asolou as nosas vidas xa hai máis dun ano. A Editorial vive exclusivamente de dos campos: as librarías e a educación, e ambas víronse afectadas polo virus este ano pasado. Segundo Francisco Castro, a repercusión foi terrible, xa que perderon as vendas de libros e tiveron que pechar, dando por perdida a economía. Pero ese vicio que é ler, ese vicio completamente positivo, e o entusiasmo e o compromiso dos lectores e lectoras fixo que a recuperación fora moito máis rápida do imaxinable.

Pero na actualidade enfrontámonos a outro grave problema, e non é o covid-19, senón a perda de lectores mozos que sigan coa lingua galega. Segundo o propio director da Editorial, ben pouco hai que facer se existe unha sociedade sen lectores. A razón da existencia da lingua galega é o seu uso, e se cada vez se perden máis mozos e mozas que continúen espallando o idioma este rematará por desaparecer. Se a lingua esmorece, o fai tamén a cultura e a industria, provocando un gran déficit cultural.

Isto vese algo reflectido na lenda urbana de que o libro de papel está a ser desbancado polo libro electrónico. En verdade hai máis ruído que noces, posto que hai máis de quince anos para atrás que xa se falaba da morte do libro físico, e aínda segue en pé. O director da Editorial explícanos que aquel que le de verdade, o que le no seu tempo de lecer, e que o fai porque lle gusta, adoita a preferir o tacto do papel antes que un dispositivo. A media de uso de un e-book en España é dun catro por cento, xa que só as persoas menores de sesenta anos que gustan da lectura pásanse a este método por aforro. O defecto do libro electrónico é non ser tan fermoso como o de papel.

Pero para evitar iso está a Editorial Galaxia, que conta con máis de catro mil libros en catálogo, e outros dous mil títulos preparados para publicar este ano. Están moi orgullosos da súa colección «A lanterna de Aristóteles», que divulga datos científicos do mundo que non sabiamos e que son tremendamente divertidos. Un exemplo é o H2... oh!!!, de María Canosa e ilustrado por Luz Veloso. E tamén da tirada que tivo O último barco, de Domingo Vilar, do que se venderon máis de dez mil libros en tan só tres meses.

Francisco Castro recoñece que o maior proxecto da Editorial é manterse viva sen buscar ningún tipo de beneficio económico, debido  a que o capital é integramente galego, e todo isto sen falar da dificultade que presenta a competición con plataformas dixitais. Pero non son razóns suficientes para quitala do medio, e a Editorial Galaxia segue, sempiterna, dotando de sabedoría á xente galega.


domingo, 25 de abril de 2021

VISITA DUNHA AUTORA


ENCONTRO CON ÉRICA ESMORÍS

Os alumnos de 4º de Educación Primaria coñeceron a través dun encontro virtual a Érica Esmorís, autora do libro Patio de luces galardoado co XI Premio de Narrativa Infantil Ciudad de Málaga no ano 2020. Coruñesa amante dos animais que se fixo veterinaria, profesión que exerceu un tempo, e que dende moi cativa se dedicou a ler e escribir como principais afeccións.

Tamén descubriron á escritora, guionista en diferentes produtoras audiovisuais galegas e autora de varias novelas infantís como O poder de Amabel, Ulises e as cronoamigas, Quen salva a un can e Nena e o mar, obra coa que gañou o premio Merlín de Literatura no 2015.


A obra desta autora que leron nas clases de Lingua Galega durante o 2º trimestre foi Patio de luces, novela que escribiu durante o confinamento como lembranza da figura do porteiro do edificio onde pasou a súa infancia e resaltando o valor da curiosidade.

Lea, protagonista deste libro,  pasa as tardes dos venres co seu avó, porteiro nun edificio. Este está preocupado polo seu traballo e ademais teme que os veciños vexan á súa neta e pensen que descoida as súas tarefas por coidala. Lea, mentres o  seu avó traballa, dedícase a observar os tendais do patio interior e imaxinar quen vivirá en cada piso. A pesar das advertencias do seu avó, e sen poder conter a súa curiosidade, Lea termina coñecendo aos veciños do edificio e comprobando que as cousas non sempre son o que parecen.

A lectura deste libro permitiu traballar o campo semántico das profesións en perigo de extinción ou xa desaparecidas, fomentar a imaxinación e descubrir que a primeira impresión non sempre se axusta á realidade. Tamén foi unha achega ao dominio das novas tecnoloxías aprendendo o uso do word e os cuestionarios no Teams para exercitar a  compresión lectora.

O encontro con Érica  foi virtual por mor da situación de pandemia que estamos a vivir. Nin os pequenos problemas técnicos nin o contacto a través dunha pantalla foron quen de ensombrecer unha conversa divertida e entrañable coa escritora. Érica mostrouse moi agarimosa e respondeu a unha batería de preguntas dos rapaces, tamén deixou interesantes consellos aos pequenos escritores e como anunciou que xa hai próxima novela no forno emprazáronse, a ser posible en modo presencial, para un novo faladoiro.





miércoles, 29 de mayo de 2019

Entrevista a Elena González, subcampeona de Gimnasia Rítmica




Elena, alumna de Cluny (2 EP) se acordó de su abuelo cuando, con su equipo, quedó de segunda en el campeonato nacional de Gimnasia Rítmica. Entrenan siete horas a la semana !! No me extraña que hagan historia con lo responsables y artistas que son teniendo 6 y 7 años! Enhorabuena a todo su equipo, sus familias y, por supuesto, a nuestra dulce Elena. Gracias a las reporteras Anna y Alba, por un buen trabajo de investigación!

martes, 28 de mayo de 2019

Entrevista Juanjo Nieto, Semana Cultural Cluny 2019



GRANDÍSIMA SEMANA CULTURAL ORGANIZADA POR EL ANPA DE CLUNY SANTIAGO!!! Aquí os dejamos una pequeña entrevista a uno de sus reponsables..¡Enhorabuena!!