Mostrando entradas con la etiqueta creatividad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta creatividad. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de junio de 2025

Proxecto solidario 1º ESO: TELART 2025

                                

O proxecto traballa os contidos curriculares de matemáticas como xeometría, a arte e a tecnoloxía dentro do marco de desenvolvemento dun produto téxtil. Pon en valor o respecto e a importancia do noso patrimonio cultural vencellado á tradición do mundo da costura a través da lingua galega. Para finalizar o alumnado traballa a organización dun evento e a oratoria na subasta benéfica que ten como objectivo a axuda a unha escola de Paraguay.


                                               


Durante o proceso potenciouse a resolución de diferentes dificultades e o traballo en equipo. 
A actividade consiste na elaboración dunha bolsa por equipo cooperativo,coas dúas aulas de 1ºESO (27+27 alumnos/as), vencellando varias disciplinas:
  •  Arte: visita a museos virtuais,recoñecemento de diferentes autores e obras de arte ,coa finalidade  de seleccionar una obra e interpretala con figuras xeométricas.
  • Matemáticas :elaboración dos patróns de figuras xeométricas,traballando a proporcionalidade, cálculo de áreas e perímetros de tea utilizados de cada cor ,así coma os cambios de unidades.
  • Tecnoloxía: elaboración dun código QR coa información do proceso de deseño, cálculo, mostra de teas e desenvolvemento da elaboración da bolsa así coma o  deseño dun logo para a marca, con IA.
  • Lingua galega:Traballar as expresións vinculadas entre a literatura galega e o mundo da costura para incluír na introdución da gala-subasta benéfica.

É un proxecto sostible porque se reutilizan prendas de roupa usada e involucra á  familias, alumnado e profesorado xa que contamos coa colaboración de familiares con coñecementos de costura no proceso de ensamblaxe das pezas cortadas.

                    




viernes, 31 de mayo de 2024

CONCURSO LITERARIO "LOLITA IGLESIAS"

 ENTREGA DE PREMIOS




O pasado xoves 23 de maio tivo lugar no salón de actos do colexio a entrega de premios dos concursos organizados polo Seminario de lengua.



O noso concurso de creación literaria comezou coa presentación das bases e animación ao alumnado por parte do profesorado. Unha vez entregados os traballos chegou a quenda do xurado que se reuniu na biblioteca do centro para deliberar e decidir os premiados da presente edición.



e chegou o gran día. O alumnado mostraba o nerviosismo propio do evento. A continuación mostramos os gañadores de cada categoría e premendo no enlace facilitamos os seus traballos. 

CATEGORÍA B

NARRATIVA

POESÍA
    
RELATO CURTO CREATIVO


CATEGORÍA C

NARRATIVA
                                         

                                                                         POESÍA
1º PREMIO: MIGUEL HERRADOR            2º PREMIO: SOPHÍA KURTUKIAN



 CATEGORÍA D

NARRATIVA
1º PREMIO: CARMEN PORTO                         2º PREMIO: SARA ALONSO



POESÍA
              1º PREMIO: CARMEN PORTO                2º PREMIO: CARLOTA GÓMEZ


CATEGORÍA E

NARRATIVA

POESÍA

RELATO CURTO CREATIVO

CATEGORÍA F

NARRATIVA
1º PREMIO: VALERIA GONZÁLEZ                          2º PREMIO: ADELA PEREIRA

POESÍA
1º PREMIO: JUANA PORTO                                             2º PREMIO: VALERIA GONZÁLEZ

miércoles, 1 de mayo de 2024

DÍA DO LIBRO

 SEMANA DA LECTURA 2024

                                                          

Unha nova edición da SEMANA DA LECTURA trouxo ao colexio unha morea de contos, especialmente aos máis pequenos. A biblioteca ofreceu unha escolma de libros de lectura en sala para que o alumnado descubrira os novos fondos informativos. 













A cativada de infantil elaborou marcapáxinas e recibiu a visita de moitos contacontos:

               

Os compañeiros e compañeiras de 4º ESO 






O profe Alberto

A teacher Sonia convertiunos en cociñeiros.






Inma, a secretaria do centro mostroulles a que sabe a lúa.

Coa teacher Paula visitaron a selva


 Manoli deixou o comedor uns momentos para convertirse en Carrapuchiña  Vermella. Que levaría na súa cestiña?




Algunha mamá ensinoulles contos en linguaxe de signos.



Tamén visitaron a biblioteca para escoitar unha fermosa historia da man de Diana Rey 


e aprender unha interesante lenda asiática contada por Emma co kamishibai.  



Unha semana cargada de actividades para celebrar o Día do Libro. 
Grazas a todos!!