Mostrando entradas con la etiqueta Prensa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Prensa. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de marzo de 2024

SEMANA DA PRENSA

                                               

Na Semana da Prensa, o alumnado e profesorado de Infantil, en colaboración coas familias, realizaron “ O noso propio NOTICIARIO“ con artigos moi interesantes.


Ademais, descubriron e manipularon as seccións de varios xornais para coñecer mellor este medio de comunicación.


Tamén realizaron actividades plásticas, nas que os xornais foron unha parte fundamental nas súas creacións.


Foi unha semana moi creativa e divertida! 





                                            


lunes, 22 de marzo de 2021

Aprendendo cos xornais

 


FUTUROS XORNALISTAS


 Na "semana da prensa”  os alumnos de 2º ciclo de Educación Primaria estiveron traballando nas clases cos xornais impresos pero tamén coa prensa dixital. Para elo, fixeron actividades nas que aprenderon un montón de cousas: coñeceron as diferentes partes dun xornal, as súas seccións, as principais diferenzas entre un xornal dixital e un en papel, localizaron as partes dunha noticia, crearon as súas propias, inventaron titulares divertidos, titulares que lles gustarían que foran reais e incluso tiveron tempo para atopar dentro dunha noticia diferentes verbos, substantivos, adxectivos ...  Puideron gozar dunha semana repleta de actividades educativas, lúdicas e, sobre todo, moi divertidas.






miércoles, 17 de marzo de 2021

INTRÉPIDOS XORNALISTAS


1º e 2º DE PRIMARIA CELEBRA A SEMANA DA PRENSA


Dende o 8 ao 12 de marzo, co gallo da celebración da Semana da Prensa, os nenos de 1º e 2º EP estiveron inmersos nun proxecto no que construíron os seus propios xornais. 

Realizaron un excelente traballo xornalístico e de investigación participando nunha actividade diferente e divertida. A través dela aprenderon moito porque asignaron cada sección do xornal  a cada unha das materias escolares: deportes,  pasatempos musicais, healthy habits, o tempo, entrevista etc.


 







Coincidindo nas datas de elaboración co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, destinaron a entrevista a coñecer á directora do centro, María Lavandeira,  que lles contou a súa experiencia e resolveu as preguntas máis curiosas dos pequenos xornalistas. Aprenderon que todos podemos acadar o que nos propoñamos, que só fai falta esforzo e constancia.



 

lunes, 15 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 POEMAS-COLLAGE NA SEMANA DA PRENSA


É posible atopar poesía nun xornal? Só hai que saber mirar. 

Con motivo da Semana da Prensa, os rapaces e rapazas de 6º de EP traballaron cos xornais, buscando versos cos que compoñer os seus propios poemas visuais. 

Velaquí algúns exemplos:









lunes, 29 de octubre de 2018

SEGUIMOS A VOLTAS COS XORNAIS


Continuando co labor iniciado o curso pasado,  voltamos de novo a traballar cos xornais  na biblioteca e a mergullarnos no mar de  noticias, artigos de opinión, reportaxes , publicidade…  Aproveitando que participamos no proxecto Prensa-Escuela de “La Voz de Galicia”  estivemos analizando diferentes artigos  xornalisticos, diferenciando “información” de “opinión” e achegándonos á linguaxe publicitaria. Tamén nos convertimos  en xornalistas redactando os nosos propios artigos. 



jueves, 16 de noviembre de 2017

OS ALUMNOS DE 1º DE ESO PARTICIPAN NO PROGRAMA PRENSA-ESCUELA DE LA VOZ DE GALICIA



Os alumnos de 1º de ESO están participando durante este curso 2017-2018 no Programa Prensa-Escuela que organiza  La Voz de Galicia.
Mediante a lectura e a análise das noticias que aparecen nos xornais que nos envían ao centro todos os mércores, procuramos que os alumnos acaden os seguintes obxectivos:
·         Aprender a ler a prensa, a expresar libremente a súa opinión, a debater en grupo e a desenvolver o seu sentido crítico. 
·         Identificar os distintos tipos de artigos que aparecen no xornal, diferenciando información de opinión.
·         Usar a prensa como un recurso didáctico que facilite o desenvolvemento das súas actitudes e destrezas persoais, como a creatividade, a educación para o lecer e o estudo do medio.
·         Facilitar o acceso ao mundo dos medios de comunicación, coñecer a súa organización e desenvolvemento así como a súa influenza na sociedade. 
·         Tomar conciencia da importancia da información para formarse como cidadáns dunha sociedade plural e democrática. 
 Esta actividade compleméntase coa visita a finais de decembro ás instalacións de La Voz de Galicia e o Museo Santiago Rey Fernández-Latorre no Polígono de Sabón en Arteixo e con un encontro cun xornalista no mes de febreiro.