Vémonos en setembro
Vémonos en setembro
FIN DE CURSO
Un ano máis os participantes de todos os clubs de lectura foron convocados na biblioteca para despedir o curso.
Nesta ocasión participaron, por equipos, nun xogo de pistas, compartiron merenda e seleccionaron os lotes de libros para ler nestas vacacións.
O proxecto traballa os contidos curriculares de matemáticas como xeometría, a arte e a tecnoloxía dentro do marco de desenvolvemento dun produto téxtil. Pon en valor o respecto e a importancia do noso patrimonio cultural vencellado á tradición do mundo da costura a través da lingua galega. Para finalizar o alumnado traballa a organización dun evento e a oratoria na subasta benéfica que ten como objectivo a axuda a unha escola de Paraguay.
ADIVIÑA DO DÍA
O alumnado de 1º ciclo participou no concurso organizado pola biblioteca.
Durante unha semana en cada trimestre, os alumnos/as repartidos en grupos de 3 participantes, atopaban unha adiviña no taboleiro do seu corredor e dispuñan de toda a mañá para descifrala e ir acumulando puntos con cada acerto. Os gañadores de cada fase enfrontáronse en busca dun equipo campión.
Parabéns a Uxía Casares, Valeria Formoso e Carla Otero que responderon correctamente ao maior número de adiviñas e conseguiron o premio desta edición.